Arbore

Pradairo

O pradairo común é unha árbore da familia das Sapindaceae.
É unha árbore que medra rápido nos primeiros anos, que rebrota doadamente do tronco cando se lle corta.
Florece entre 20 a 25 anos, en abril e maio. Os froitos aparecen a finais do verán e mantéñense bastante na árbore.
Prefire chans ricos e, sobre todo, calizos. Polo xeral aparece en poboacións espalladas no medio doutras especies, nomeadamente acompañando faias e abetos. En Galicia pode verse no interior á beira de ríos e regatos e nos parques e alamedas.

Freixo

O freixo é unha árbore polígama de ata 30-40 m .Presenta un tronco dereito e cilíndrico cunha cortiza lisa e verde grisácea nos exemplares novos que se volve parda escura, rugosa e gretada nos exemplares adultos. A copa é alta, ovoide, estendida e pouco ramalluda.
Esta especie é orixinaria de Europa e o oeste de Asia, habita en sebes, ribeiras e bosques con solos frescos e profundos. É abondosa no norte da Galiza.

Espiño

O espiño ou estripo  soe ser un arbusto de entre 2 e 4 metros de altura, pero se se deixa pódese converter nunha árbore de 10 ou 12 metros e vivir 500 anos. Aínda hoxe se poden atopar nos bosques galegos e nos lindeiros dos prados.
O uso principal do espiño branco ou albar céntrase nos beneficios que produce no corazón.

Sobreira

A sobreira (Quercus suber) é unha árbore da familia do carballo e a aciñeira (as fagáceas, antes cupulíferas, integrada por 450 especies e con case tódolos seus xéneros boreais),Botánica mente é unha árbore monoica, de folla simple (entre 2,5 e 10 cm de longo e entre 1,2 e 6,5m de ancho), de forma denticular, alterna, perenne, verde escura, con nervación principal algo sinuosa e nerviación secundaria composta por entre 5 e 8 pares de canais, sen pelos e con estípulas caducas. As súas flores son unisexuais.

Cerdeira

A cerdeira (Prunus avium) é unha árbore que pertence á familia das rosacea e ao xénero Prunus.
As froitas da cerdeira son ácidas e moitas veces de cor encarnada brillante. Existen grandes hortas comerciais desde a Península Ibérica até Anatolia e as cerdeiras cultívanse até Gran Bretaña e o sur de Escandinavia.
A madeira das cerdeiras é dura e de cor castaña clara, e úsase para a fabricación de mobles.

Castiñeiro

Re introducidos en Galicia polos Romanos despois que na ultima glaciación desapareceran da practica totalidade do territorio nacional. Foi vital na economía de Galicia ata a partición da pataca.
Son moitas as enfermidades que e parasitos que sofre o castiñeiro pero o redor do ano 1920 xurde en Galicia a enfermidade da TIÑA que mata a practica totalidade das arbores que se atopaban por debaixo dos 600m.

Carballo

O carballo é unha árbore caducifolia  cun porte maxestoso, común en toda Galicia. O toro e dereito corto e moi groso en exemplares illados. Precisan climas cun mínimo de humidade de 600 mm ó ano, dado que toleran moi mal as secas do verán. Soportan baixas temperaturas, xeadas e poden estar en solos pesados e arxilosos, chegando incluso a un enchárcameto temporal.   Son árbores robustas que poden chegar a alcanzar os 40 metros de alto, aínda que necesitan luz para un bo crecemento. Os froitos (landras) son aquenios protexidos por unha cúpula de escamas planas.

Capudre

É una árbore anxioesperma da familia das rosáceas. Pode acadar ata 8 ou 10 metros. Trátase dunha árbore pequena.
O capudre en flor e doado de identificar, como di o outro non ten perda, onde se da é único. Xa sin. flor e pelado é outra historia. As follas son bastante típicas, caedizas, alternas, imparipinnadas, compostas de 11-15 folíolos de entre 2-6 Cm. cada un, lanceoladas, redondadas na base, agudos no ápice, dentados, dun verde claro na face.

Bidueiro (Celtiberico)

A bidueiro, bidueiro ou bido (Betula pubescens) é unha árbore da familia das betuláceas que medra nas zonas húmidas.
Esta árbore en Galicia está presente na práctica totalidade do territorio, aínda que é moi frecuente nas montañas de Chandrexa de Queixa, no río Navea.

Ameneiro (Amieiro)

O ameneiro (Alnus glutinosa) é unha árbore da familia das betuláceas. Atópase en toda Europa, Siberia e norte de África, e chega ata os 20-30 metros de altura. A súa copa, de forma cónica ou piramidal, está moi poboada con follas arrendoadas de base puntiaguda e beiras onduladas e dentadas, e flores brancas formando espigas. A súa madeira é resistente, doada de traballar e consérvase baixo a auga.

Páxinas

Páxinas