Carballo

Quercus

O carballo é unha árbore caducifolia  cun porte maxestoso, común en toda Galicia. O toro e dereito corto e moi groso en exemplares illados. Precisan climas cun mínimo de humidade de 600 mm ó ano, dado que toleran moi mal as secas do verán. Soportan baixas temperaturas, xeadas e poden estar en solos pesados e arxilosos, chegando incluso a un enchárcameto temporal.   Son árbores robustas que poden chegar a alcanzar os 40 metros de alto, aínda que necesitan luz para un bo crecemento. Os froitos (landras) son aquenios protexidos por unha cúpula de escamas planas. O conxunto recibe o nome de glande. Son árbores lonxevas que poden sobrepasar os 600 anos de vida. É unha especie en regresión debido a influencia humana, estase a substituír por piñeiros e eucaliptos.

http://www.montedematama.org/node/44
Otras imaxes: 
Nome cientifico - Especifico: 
Robur