Proxima Andaina , Trail Montes de Vigo


O proximo dia  17 de maio tera lugar a segunda andaina polos montes de Vigo.

Un dos
maiores patrimonios naturais de Vigo é o cinturón de montes que o delimitan e,
no seu seo, os Parques forestais que as comunidades de montes conservan con
tanto mimo. Este valor patrimonial foi posto en valor coa creación do Sendeiro
Panorámico de Vigo (GR-53), sendo un clásico nas rutas de Camiño a Camiño.
Nesta ocasión, por segundo ano consecutivo, quere rendírselle tributo cunha
Andaina na que nun só día pódense percorrer a meirande parte deles.



Os detalles
da actividades publicitaranse a partir do 4 de maio. En todo caso, haberá un
percorrido longo entre a maioría dos parques forestais e, tamén, un percorrido
curto para quen prefira un traxecto menor.

Páxinas