Novas do Monte

  • PARQUE FORESTAL DO MARUXENTO

    Asentase nunha parcela de algo menos de 4000m2.A parcela nace no ano 2005 xa que se trata dun dos tres socalcos feitos por Fomento cos materiais sobrantes da construción da carreteira de circunvalación de Vigo VG20.Xa en 2006 a comunidade de montes ca axuda dos veciños/comuneiros fai a plantación das arbores que actualmente constitúen o parque forestal.No ano 2010 instálanse as magnificas mesas de pedra que caracterizan o parque e a  inauguración do parque faise en xullo de ese mesmo ano.Dende entón e o corazón de múltiples actos sociais de veciños e foráneos que se reúnen nel para celebrar

  • Miradoiro da Fonte Santa

    Inaugurado no 2018. ten unha das mellores vistas da cidade e a ria de Vigo.A vista do solpor e a  noite  constitúen un espectáculo inmellorable

  • A Fonte Santa

    Tratase dunha fonte de auga doce con moita historia, da que se di entre outras cousas que salvou os veciños da cidade dunhas febres tifoideas.O manantial perdeuse por mor das obras da VG20.Atopamos o manantial anos despois moito mais fondo do que estaba orixinalmente, por iso decidiuse trasladar a fonte uns 50m. mais a baixo na súa cubicación orixinal, foi no ano  2019.

  • Unha devesa do Rei no Maruxento

    Tratase dun anaco da nosa historia,  a de Galicia a de España e a do mundo enteiro.Neste anaco de terra, Os nosos devanceiras, plantaron carballos, con eles se construíron os barcos, escollendo as pezas a medida que se precisaban para a súa construción.Estes barcos levaron a primeira globalización polo mundo enteiro.Pouco queda daquel tempo, un anaco de terra de o redor de 2 Ha infestadas na actualidade pirófitos eucaliptos.

  • Petroglifo das Millaradas

    Trátase dunha rocha situada nunha suave pendente cun claro dominio visual cara os vales do entorno e o mar. Nela obsérvanse gran variedade de figuras obtidas como consecuencia de incidir de xeito repetido cun percutor sobre a superficie da rocha.

  • A fraga das Alvorezas

    Tratase dunha masa carballos adultos son menos de 2 Ha. Ocupa un espazo que estivo traballado polos veciños a lo menos ata os anos 50. De hai ven a forma en socalcos que ten o terreo. E a única masa adulta de arbores que temos no monte comunal. O seu valor medioambiental e innegable. Dicir por exemplo que unha familia de teixugos adoita frecuentar a fraga.

  • Lagoa do Maruxento

    Xa non abonda con preservar e protexer a natureza, temos que reconstruíla. A lagoa do Maruxento e unha pequena aportación na liña da reconstrución natural +-2000m2 de lamina de auga. Cunha clara misión medioambiental, aínda que non so, xa que vai ser tamén un reserborio de auga contra incendios e para regar. Por certo non hai captacións de auga, encherase xo ca choiva que cae no seu interior.

  • Programa RECICLOS

    Laguna1

    Ya no basta con preservar y proteger la naturaleza, hay que reconstruirla #PlantemosUnBosque con toda su biodiversidad, 200.000m2 de bosque autóctono y variado, colabora con nosotros,  #PlantemosUnBosque. Mas información sobre #PlantemosUnBosque 

Páxinas

Páxinas