Espiño

Crataegus

O espiño ou estripo  soe ser un arbusto de entre 2 e 4 metros de altura, pero se se deixa pódese converter nunha árbore de 10 ou 12 metros e vivir 500 anos. Aínda hoxe se poden atopar nos bosques galegos e nos lindeiros dos prados.
O uso principal do espiño branco ou albar céntrase nos beneficios que produce no corazón.
Aprovéitanse as súas flores frescas ou secas. Os seus froitos tamén son comestibles, aínda que polo seu sabor fariñento e de escasa pulpa, non resultan moi exquisitos, pero son ricos en vitamina C. As follas tenras teñen un lixeiro sabor a noces e pódese engadir ás
ensaladas.

O espiño branco como medicinal:
O seu principal uso céntrase nas súas propiedades cardiotónicas (reforza, retarda e regula o latido do corazón). A infusión das flores está especialmente indicada na anxina de peito, arritmias e insuficiencia cardíaca. Recoméndase como tratamento despois do infarto e como medida preventiva para mantelo corazón san en persoas sometidas a fortes tensións.
Tamén recoméndase para regular a tensión arterial, tanto si se ten alta como baixa.
O espiño branco posúe propiedades ansióliticas (elimina a ansiedade), polo que resulta apropiado para aquelas persoas que o nerviosismo lles leva a padecer insomnio, angustia, taquicardia, stress.

http://www.montedematama.org/node/48
Otras imaxes: 
Nome cientifico - Especifico: 
Monogyna

Páxinas