Sobreira

Quercus

A sobreira (Quercus suber) é unha árbore da familia do carballo e a aciñeira (as fagáceas, antes cupulíferas, integrada por 450 especies e con case tódolos seus xéneros boreais),Botánica mente é unha árbore monoica, de folla simple (entre 2,5 e 10 cm de longo e entre 1,2 e 6,5m de ancho), de forma denticular, alterna, perenne, verde escura, con nervación principal algo sinuosa e nerviación secundaria composta por entre 5 e 8 pares de canais, sen pelos e con estípulas caducas. As súas flores son unisexuais.
Ademais de cultivada, a sobreira é unha especie natural e autóctona de Galicia: inda que é espontánea en moitos puntos de España e Portugal onde formou frondosos bosques en asociación con outras especias de quercíneas (quercetum), por iso mesmo se ten dito moitas veces que é unha árbore de clima mediterráneo.
Se ben a influencia mediterránea nos vales interiores de Galicia e ó norte da cidade portuguesa de Porto é incontestable, non cabe tampouco dúbida que o clima galego e do norte de Portugal é inentemente atlántico.

http://www.montedematama.org/node/47
Otras imaxes: 
Nome cientifico - Especifico: 
Suber

Páxinas