voluntariado

SEMENTEIRA DE LANDRAS

O próximo sábado dia 8 de Decembro as 9 da maña no parque forestal de Vilar (ver localización).   Imos sementar landras de carballo, ímolo facer nunha ou dúas parcelas de difícil acceso. Poremos un titor para marcar o lugar onde facemos a plantación e logo o redor do titor ca axuda de un pau poremos un par de landras a +-3 cm de profundidade. Animádevos vir a axudar , ca vosa axuda xa estamos mais pretos da noso obxectivo #PlantemosUnBosque

Arrincando eucaliptos. ¡xa quedan menos !

 Tras o éxito de xornadas anteriores, xa estamos mais preto de liberar os Montes Comunais de Matamá da praga do eucalipto. Gracias a todos, #Heroes Libera ,Para este sábado dia 17 Montes de Matamá, convídavos as 9:00 o parque do Maruxento, faremos unha nova xornada para arrincar eucaliptos, colabora con nos, en breve empezaremos ca plantación de carballos, castiñeiros... que e o que mais nos gusta a todos. Traede unhas luvas se podedes. 

Plan de reforestación do monte comunal de Matamá con voluntariado 2017/2019

Cartel voluntariado

Introdución:
A Comunidade de Montes de Matamá, formouse no ano 2003 cando se aprobaron os seus estatutos, é no ano 2011 cando se clasificaron os seus montes, como montes en man común. Moi pouco tempo para mudar o que foron moitísimo anos de abandono e agresións.

Páxinas