Plan de reforestación do monte comunal de Matamá con voluntariado 2017/2019

Cartel voluntariado

Introdución:
A Comunidade de Montes de Matamá, formouse no ano 2003 cando se aprobaron os seus estatutos, é no ano 2011 cando se clasificaron os seus montes, como montes en man común. Moi pouco tempo para mudar o que foron moitísimo anos de abandono e agresións.
Nestes anos a nosa labor sobre o terreo foi clara, a restauración de antigas canteiras e unha modesta pero continua labor de reforestación. A nosa non foi nunca unha reforestación convencional, dende sempre xa as primeiras Xuntas Reitoras tiveron claro que o noso ten que ser un monte social e de eminente carácter protector, por iso plantaron castiñeiros , carballos, Freixos, bidueiros, pero fai anos que quixemos dar un paso mais nesta liña, cara a restauración da natureza no noso monte, e traballamos dende o subsolo cas arbores micorrizadas, pasando por herbas e plantas, arbustos e pequenas árbores para chegar as grandes arbores, co que se a memoria non me falla estamos o redor das cincuenta especies diferentes todas autóctonas.
A labor forestal ven vista é pura xenerosidade, o que plantas e coidas non é para ti é para os teus netos, so así pódese garantir o ciclo vital da natureza, non renunciamos o carácter produtor do monte, simplemente colleitaremos o que a natureza nos dea, que non vai ser pouco e o farémo-lo cos prazos e tempos que lle corresponden.
Pódese pensar que actuando deste xeito renunciamos a obter beneficio do monte, pero a realidade é que a longo prazo venderemos madeira de calidade e a curto prazo todos poderemos apañar cogomelos castañas e froitas, todos estes beneficios son facilmente cuantificables, pero alguén me pode dicir canto vale o aire limpo que se respira no monte, canto vale un espazo saudable no que pasear camiñar ou correr, canto vale a paisaxe, canto vale o canto dos paxaros, canto vale a visión fugaz dun raposo...
Para ver el artículo completo pulse en el enlace en PDF.