#PlantemosUnBosque

#PlantemosUnBosque Xornada de plantación 16 febreiro 2019

#PlantemosUnBosque O vindeiro sábado  16 de febreiro 2019 as 9:00 no parque do Maruxento (ver localización).  Ca túa axuda xornada de plantación. Desta vez plantaremos, pereiras, acivros, érbedos, abeleiras, maceiras, amieiros, pradairos, espiños, ameixeiras, freixos sabugueiros.... . Traer unhas luvas e se podedes un legón o terreo e brando. !Ultima xornada de plantación de este ano¡.Os nenos acompañados son benvidos. Se confirmades a asistencia mellor 688914370 WhatsApp.

#PlantemosUnBosque Xornada de plantación 2 febreiro 2019

O vindeiro sábado día 2 de febreiro de2019 a partires das 9:30 no Parque Forestal de Maruxento (ver localización),, xornada de  plantación.Non e imprescindible pero agradecemos a confirmación de asistencia no WhastsApp 688914370

Viveiro forestal, o transplante.

O próximo domingo día 16 de decembro as 12:00, facemos a entrega das bandexas forestais de 8 alvéolos,  acordadas con cada un dos nosos colaboradores, comprometidos co viveiro forestal. A entrega farase na Casiña Do Monte no parque forestal do Maruxento o mesmo lugar onde  as recollestes a ultima vez.

SEMENTEIRA DE LANDRAS

O próximo sábado dia 8 de Decembro as 9 da maña no parque forestal de Vilar (ver localización).   Imos sementar landras de carballo, ímolo facer nunha ou dúas parcelas de difícil acceso. Poremos un titor para marcar o lugar onde facemos a plantación e logo o redor do titor ca axuda de un pau poremos un par de landras a +-3 cm de profundidade. Animádevos vir a axudar , ca vosa axuda xa estamos mais pretos da noso obxectivo #PlantemosUnBosque

Páxinas