caixas niño

* COLOCACIÓN CAIXAS NIÑO

Dende a comunidade de Montes de Matamá ca túa axuda imos colocar 20 caixas niño nas escasas arbores que sobreviviron  os lumes de outubro do ano pasado. E importante para nos, axudar os paxaros que de súpeto quedaron sen sitio onde facer os niños.Temos caixas para os Ferreiros , para a Lavandeira, para o Rabirrubio, para o Papamoscas, para o Moucho, para o Paporrubio, tamén  imos colocar dúas grandes caixas para morcegos.Aproveitaremos para dar a coñecer os nosos montes e os traballos de restauración e mellora que xa están en marcha.

Páxinas

Páxinas