* COLOCACIÓN CAIXAS NIÑO

Dende a comunidade de Montes de Matamá ca túa axuda imos colocar 20 caixas niño nas escasas arbores que sobreviviron  os lumes de outubro do ano pasado. E importante para nos, axudar os paxaros que de súpeto quedaron sen sitio onde facer os niños.Temos caixas para os Ferreiros , para a Lavandeira, para o Rabirrubio, para o Papamoscas, para o Moucho, para o Paporrubio, tamén  imos colocar dúas grandes caixas para morcegos.Aproveitaremos para dar a coñecer os nosos montes e os traballos de restauración e mellora que xa están en marcha. (A lagoa o viveiro forestal, as novas plantacións, os miradoiros). A actividade ímola facer o vindeiro sábado dia 5 de maio as 16:30,  agardámoste no parque do Maruxento (ver localización).   Agradecemos che que confirmes a túa asistencia mandándonos un whatsapp o numero 688 91 43 70.   De calquera  xeito alí estaremos ca faena.

Páxinas