Novas do Monte

  • SEMENTEIRA DE LANDRAS

    O próximo sábado dia 8 de Decembro as 9 da maña no parque forestal de Vilar (ver localización).   Imos sementar landras de carballo, ímolo facer nunha ou dúas parcelas de difícil acceso. Poremos un titor para marcar o lugar onde facemos a plantación e logo o redor do titor ca axuda de un pau poremos un par de landras a +-3 cm de profundidade. Animádevos vir a axudar , ca vosa axuda xa estamos mais pretos da noso obxectivo #PlantemosUnBosque

  • Arrincando eucaliptos. ¡xa quedan menos !

     Tras o éxito de xornadas anteriores, xa estamos mais preto de liberar os Montes Comunais de Matamá da praga do eucalipto. Gracias a todos, #Heroes Libera ,Para este sábado dia 17 Montes de Matamá, convídavos as 9:00 o parque do Maruxento, faremos unha nova xornada para arrincar eucaliptos, colabora con nos, en breve empezaremos ca plantación de carballos, castiñeiros... que e o que mais nos gusta a todos. Traede unhas luvas se podedes. 

  • Hemos sido seleccionados por APADRINAMIENTOS 2018 del Proyecto LIBERA

    Nuestro proyecto Laguna del Maruxento a sido seleccionado por: APADRINAMIENTOS 2018 del Proyecto LIBERA  Gracias LIBERA por apostar por nuestro proyecto LAGUNA DEL MARUXENTO con vuestro empuje no solo la laguna será una realidad pronto, sino que el conjunto del proyecto PLANTEMOS UN BOSQUE se ve respaldado por la sociedad. (ver nota de prensa),,

  • * XORNADA PARA REGAR E POÑER TITORES AS ARBORES AUTÓCTONAS QUE ESTÁN A MEDRAR NO MONTE

    Cartel del evento

    PRECISAMOS A TÚA AXUDA O próximo sábado día 15 de setembro a partires das 9 no Parque Forestal de Maruxento (ver localización), xornada de traballo para REGAR  as plantacións, e colocaremos titores de bambú para axudar a recuperación dos rebrotes das nosas arbores. Se podes traer un caldeiro, (igual non temos para todos). De calquera xeito contamos con vos.

  • * XORNADA DE ERRADICACIÓN DE EUCALIPTO E RESTAURACIÓN DO BOSQUE

    PRECISAMOS A TUA AXUDA O próximo sábado día 30 a partires das 9 no Parque Forestal de Maruxento (ver localización), xornada de traballo para a erradicación do eucalipto (escacharemos eucaliptos novos), e colocaremos titores de bambú para axudar a recuperación dos rebrotes das nosas arbores. Se podes traer unha macheta o un martelo para desfacer eucaliptos agradecémoscho. (igual non temos para todos). De calquera xeito contamos con vos.

  • * COLOCACIÓN CAIXAS NIÑO

    Dende a comunidade de Montes de Matamá ca túa axuda imos colocar 20 caixas niño nas escasas arbores que sobreviviron  os lumes de outubro do ano pasado. E importante para nos, axudar os paxaros que de súpeto quedaron sen sitio onde facer os niños.Temos caixas para os Ferreiros , para a Lavandeira, para o Rabirrubio, para o Papamoscas, para o Moucho, para o Paporrubio, tamén  imos colocar dúas grandes caixas para morcegos.Aproveitaremos para dar a coñecer os nosos montes e os traballos de restauración e mellora que xa están en marcha.

  • EVENTO CCMEREFOREST NO MONTE DE MATAMÁ

    Á iniciativa CCMEReforest creada para compensar a pegada do carbono nos festivais Coca-cola Music Experience e Coca-cola Music Experience On The Beach, súmaselle este ano unha acción para prantar árbores autóctonos no monte de Matamá. CCMEReforest quere así sumarse á recuperación da natureza tralos devastadores incendios que asolaron Galicia en outubro de 2017. O evento tivo lugar o pasado 4 de marzo de 2018 e contou con Tony Aguilar, DJ e presentador de programas musicais, como padriño. Así como coa colaboración dos grupos musicais Furious monkey House e Atacados.

Páxinas