Papamoscas cincento

Muscicapa

O papamoscas cincento (Muscicapa striata). De pequeno tamaño, ten unha lonxitude de 13,5 a 15 Cm.
O papamoscas busca zonas de arboredos onde as árbores preséntense pouco densas e con espazos entre as súas polas. Tamén en zonas urbanas, campo aberto, hortos, cultivos, xardíns,
Aliméntase de insectos voantes. Posúe unha técnica de caza moi particular, atrapando aos insectos ao voo dende unha pola que domine o seu territorio. Os insectos son cazados nas proximidades inmediatas ás árbores, o que explica a necesidade de ter polas exteriores libres de follas sobre o seu territorio.
O niño, está feito de talos e pequenas raíces secas e é construído nos buratos das árbores ou máis raramente nalgunha cavidade mural.
As poboacións de papamoscas cincento están en decadencia case en toda a súa área de distribución. As causas desta decadencia non son totalmente coñecidas, cabendo supor que entre elas se atopan as sequedades extremas do Sahel (secas en África), os veráns fríos e húmidos nas súas áreas de reprodución, a desaparición na paisaxe de elementos tales como as sebes ou verxeis, así como o emprego de praguicidas nas hortas, son unhas causas moi probables. A conservación dos vellos verxeis é pois unha das medidas de conservación favorables para a especie. Tamén afectan ás poboacións desta especie a caza ilegal realizada por paxareiros.

http://www.montedematama.org/node/83
Otras imaxes: 
Nome cientifico - Especifico: 
Striata

Páxinas