Moucho de orellas

Otus

O moucho de orellas é unha ave nocturna, moi pequena, de escasamente o tamaño dun merlo.
Miden entre 19 e 21 Cm de lonxitude e teñen unha envergadura de alas de entre 47 e 54 Cm,
A súa voz é moi característica e un berro case sempre monosilábico, algo nasal e non moi alto, que repiten, as veces durante horas, con intervalos de entre 2 a 3,5 segundos. O feito de xiraren a cabeza mentres emiten a súa voz fai que non sexa doado localizar a súa posición acusticamente. Comezan a actividade sonora pouco despois de pórse o sol e acábana ó amencer
Os mouchos de orellas son aves de zonas temperadas que habitan áreas abertas. Entre os seus hábitats carballeiras aclaradas. Foxen dos bosques pechados.
Son aves estritamente nocturnas, que comezan a fase activa coa posta do sol ou pouco despois e acábana ó amencer, cando regresan ó seu lugar de descanso. O seu punto de máxima actividade está situado antes da media noite. Durante a época reprodutora os machos pasan o día en xeral en sitios onde teñan o niño á vista. Os polos que acaban de deixar o niño e non poden aínda voar, repousan nunha pola, preto do tronco da árbore na que naceron e moi apertados os uns contra os outros. Cando se senten ameazados, os mouchos de orellas adoptan unha posición de camuflaxe erguéndose moito. Nesta postura poden pasar moito tempo inmóbiles e só a presenza moi próxima do intruso lles fai abandonala pola na que están para marcharen cara a outra, onde volven adoptar a mesma posición.
O seu voo é totalmente silencioso, con fases de planeo.
Forman parellas monógamas. Mesmo en casos de que un dos membros da parella morre prematuramente non adoitan formarse novas parellas.
Fan os niños principalmente en buratos nas árbores e ocasionalmente en fornelas en rochas ou edificios.
Poñen en xeral 3 ou 4 ovos brancos e con forma de óvalo curto e duns 31 x 27 mm. De tamaño medios. Chocan exclusivamente as femias.
A súa fonte de alimentación principal son os insectos, sobre todo os de máis tamaño coma saltóns e escaravellos. Comen tamén miñocas e, máis raramente paxariños, mamíferos pequenos coma ratos ou musarañas, anfibios e réptiles.

http://www.montedematama.org/node/80
Otras imaxes: 
Nome cientifico - Especifico: 
Scops