Avelaiona

Strix

Ten unha lonxitude corporal duns 38 Cm. e un peso de entre 400 e 630 gramos, sendo as femias máis pesadas cós machos. As alas, que teñen unha envergadura de entre 92 à 95 Cm, son relativamente máis curtas cás doutros bufos, anchas e arredondadas. O seu voo e potente e ondeante, cun bater de alas regular que alterna ás veces con pláneos curtos.
A chamada máis característica da avelaiona e emitida polos machos durante a época reprodutora e unha longa queixume, que é respondida por un berro áspero da femia.
É unha ave propia dos bosques de folla caduca e mixtos da área paleártica. Vive dende a cunca mediterránea ata o limite sur do bosque de coníferas boreal.
A avelaiona é sedentaria e moi común por toda a xeografía galega, a súa poboación calcúlase nunhas 1.400 parellas.
As avelaionas son aves de actividade preferentemente nocturna. Adoitan pasa-lo día nun lugar protexido
O seu espectro alimenticio e moi amplo, pero os roedores e os paxaros son a súa base nutricional. Cazan cun voo case totalmente silencioso ó longo das lindes dos bosques ou das beiras dos camiños. Os voos son interrompidos por pausas longas en puntos de espreita, debaixo dos que é típico atopar as súas egagrópilas.
Os berros que anuncian a época de cortexo da especie escóitanse principalmente en outono e inverno e continua ata marzo onde acada o seu punto de máxima intensidade. Nesta época o canto das avelaionas déixase oír case a noite enteira.
Practican a monogamia, e as parellas duran ata a morte dun dos membros. O emprazamento do niño (que adoita ser un burato nunha árbore, unha fornela nas penas ou o niño abandonado dun córvido ou unha ave de rapina) . Poñen a comezos da primavera de tres a cinco ovos brancos e arredondados. Tardan ó redor dun mes en chocalos, tarefa que fai a femia, encargándose de fornece-lo alimento. Cando defenden o niño e os polos son moi feras, e non dubidan en atacar mesmo ós seres humanos, ós que poden chegar a producir feridas serias.
Son aves sedentarias que ocupan todo o ano o mesmo territorio. Os xoves dispérsanse de xeito errático cando xa non son mantidos polos pais. A súa esperanza de vida media na natureza e de dez anos.

http://www.montedematama.org/node/79
Otras imaxes: 
Nome cientifico - Especifico: 
Aluco