Xílgaro

Carduelis

O xílgaro Amosan dimorfismo sexual: a máscara facial vermella do macho é máis grande e máis escura cá da femia, acadando ás veces o canto traseiro dos ollos, mentres que a desta non pasa da metade dos mesmos.
Poden vivir ata uns 12 anos, cun máximo de 14.
A área de distribución do xílgaro vai do oeste de Europa á Siberia central, o norte de África e o leste e centro de Asia. É un migrador parcial: os exemplares das zonas máis frías emigran no inverno cara á areas máis cálidas, mentres que os que habitan zonas de clima temperado son sedentarios.
É unha ave de espazos abertos que dispoñan de boa cantidade de árbores: beiras dos bosques, cultivos de frutais, zonas con sebes e parques.
Os machos comezan a cantar, dependendo do clima, en febreiro ou marzo. Despois dalgunhas semanas as femias amósanse atentas ós reclamos do cortexo. Son elas quen conducen en xeral a cerimonia.

http://www.montedematama.org/node/76
Otras imaxes: