Pimpín común

Fringilla

O pimpín común (Fringilla coelebs), é un paxaro pequeno da familia Fringillidae.
Miden de 14 a18 Cm. e pesan uns 20 gramos. Áchanse en Europa, norte de África e leste de Asia. Tamén en Madeira. Viven en bosques, parques, xardíns e terras de cultivo ata os 1.500 metros de altitude.
Conduta.
Non é unha ave migratoria nas zonas temperadas da súa distribución, pero deixa as máis frías no inverno
Comen principalmente sementes, aínda que as crías son alimentadas con abundancia de insectos e larvas. Os adultos inclúen tamén na alimentación artrópodos e bagas.
O canto é potente. Os machos teñen dous ou tres tipos diferentes de cantos, e hai "dialectos" rexionais. A adquisición do canto polos pimpíns novos foi obxecto dun influente estudo polo etólogo británico William Homan Thorpe. Thorpe determinou que se os pimpíns non son expostos ó canto dun macho adulto durante un período crítico despois da incubación, serán incapaces de aprender a cantar ben máis tarde.
Os machos marcan nos primeiros meses do ano un territorio de cría co seu canto. O niño, de paredes grosas, e construído con raíces, anacos de cortizo, brión, liques e outros materiais de orixe vexetal. Cóbreno interiormente con pelos e plumas. Sitúano en xeral a unha altura de entre 2 e 10 metros do chan, na galla dunha árbore ou arbusto e ben disimulado con liques e brión. As femias fan dúas postas no ano,. A incubación dura 13 ou 14 días.

http://www.montedematama.org/node/75
Otras imaxes: 
Nome cientifico - Especifico: 
Coelebs

Páxinas