Bubela

Upupa

A bubela (Upupa epops), único representante da familia Upupidae, é unha ave co corpo do tamaño aproximado do dun merlo. Miden de media 28 Cm entre a punta do bico, longo e curvo. A crista da cabeza, que poden abrir pero adoitan levar recollida, mide uns 6 Cm e está formada por plumas coas puntas brancas e negras. A cola é negra, cunha banda branca ancha no último terzo, e un debuxo branco na raíz. O resto do corpo é ocre rosado ferruxento.
O seu voo ondulante lembra o dunha bolboreta. A golpes de ala longos seguen outros curtos, o que dá a impresión de inestabilidade e desequilibrio.
O canto típico dos machos, composto en xeral de tres sílabas, é inconfundible e podería describirse coma u pu, pu, pu, repetido a intervalos non máis longos de 5 segundos. Ademais deste e outros sons utilizados como sinal de alarma ou cando están no niño, usan tamén o bico ó xeito dunhas castañolas para producir sons cando están excitados.
Atópanse en paisaxes chas ou onduladas en áreas temperadas, secas, con zonas arboradas non moi mestas ou vexetación rara. Aparece a miúdo en terras cultivadas e zonas con plantas ruderais, tamén en bosques moi claros e claros de bosque. Na zona mediterránea é relativamente habitual nos cultivos de oliveiras e sobreiras. Viven tamén en áreas de estepa e en áreas pedregosas con plantas baixas. Evitan os bosque mestos, a selva chuviosa e os desertos.

http://www.montedematama.org/node/74
Otras imaxes: 
Nome cientifico - Especifico: 
epops