Peto verde

Picus

Peto verde (Picus viridis) C. Pito real

Os petos verdes miden ata 31 Cm. de lonxitude e teñen unha envergadura de alas de ata 52 Cm.
Non utilizan o repique do seu bico contra a madeira a xeito de instrumento de comunicación sonora tan frecuentemente coma outras especies de petos. Producen son redobres irregulares e baixos. O seu canto territorial é, pola contra, moi potente, e recorda unha risa ou o rinchar dun cabalo. Cantan machos e femias, aínda que estes últimos o fan con máis intensidade.
Prefiren vivir en áreas semiabertas con presenza de árbores vellas, coma beiras de bosques, hortas de frutais pouco mestas, parques, soutos e xardíns con moitas árbores. Dentro dos bosques meirandes atópanse só en áreas con moita luz, coma grandes claros. Amosan unha gran preferencia polos bosques de folla caduca, faltando ou sendo moi raros nos bosques de coníferas.
O feito de estaren especializados en alimentarse de formigas que viven no chan fai que a súa presenza en áreas de invernos moi fríos con grandes nevadas sexa reducida. As súas poboacións son máis abundantes nas terras baixas e ata os 500 metros de altura nas montañas. Para captura-las súas presas dispón dunha lingua duns 10 Cm de lonxitude, coa punta endurecida e provista dunhas sedas duras.

Fan os niños por regra xeral nos furados de niños ou lugares de repouso abandonados doutras especies de petos.

http://www.montedematama.org/node/73
Otras imaxes: 
Nome cientifico - Especifico: 
viridis