Pombo torcaz

Columba

A Torcaz e a maior das pombas presentes na Península Ibérica, robusta e cunha cabeza moi pequena con relación ao corpo, presentando unhas inconfundibles manchas brancas a ambos os dous lados do colo (de aí torcaza, que provén do latín torques)

Ten preferencia polos bosques, zonas arboradas, bosques de ribeira, e no seu defecto zonas adehesadas, acudindo a prados e xardíns a alimentarse . Aliméntase preferentemente de materia vexetal. Tamén consume insectos como térmites e larvas e crisálidas de formiga, e outros insectos e arácnidos brandos, etc.

A partir de marzo pode verse o característico voo amoroso do macho, con sonoras aletadas no seu voo de parábola ascendente, que interrompe cunha caída coas súas ás alzadas en punta cara ao ceo. Cría de abril a agosto, con xeralmente dúas postas de dous ovos brancos, depositados no seu niño situado nas árbores e de construción de fráxil aspecto en forma de plataforma pouco espesa, a base de podallas secas.

http://www.montedematama.org/node/72
Otras imaxes: 
Nome cientifico - Especifico: 
palumbus