Cirrio común

Apus

O Cirrio común O seu nome científico que lle deu Carl von Linné ven do grego απους, apous e significa sen pés. De feito os pes e patas son pouco visibles. A súa semellanza externa coas andoriñas, coas que non esta relacionado, é froito da converxencia evolutiva.
Ningunha outra ave pasa tanto tempo no aire coma o cirro. suponse que poden voar sen pousarse durante anos, e abandonan o voo só para criar. O primeiro voo despois de deixa-lo niño pode durar xa días. Beben e dormen voando. Poden acadar velocidades de 200 km/h, o que os converte nunha das aves máis rápidas.
Ten aproximadamente o tamaño dunha andoriña, uns 16 Cm. de lonxitude, pero as envergadura das alas é meirande, de 40 a 45 Cm. Pesan uns 40 gramos.
Forma colonias para face-los niños. É moi fiel os lugares de nidificación e, en moitas ocasións, escolle a mesma parella do ano anterior.. Escolle para o seu niño ocos en paredes ou debaixo dos teitos de edificios, a moita distancia do chan. A parella recolle material para o niño mentres voa. Poñen de dous a tres ovos que son incubados polos dous membros da parella. Os polos tardan ata 27 días en saír do ovo, dependendo do tempo atmosférico, e son capaces de voar cando teñen 40 días de vida. En épocas de tempo excepcionalmente malo os polos entran nunha especie de afirmación, no que poden resistir ata dúas semanas. Maduran sexualmente ó acabar o segundo ano de idade.
Varias veces ó día, especialmente entre lusco e fusco, os membros dunha colonia forman bandos non moi compactos e voan xuntos, chiando en alto, en grandes círculos. As causas deste comportamento non están claras. se cadra serven para marca-lo territorio de caza fronte a outras colonias. A crenza de que un cirrio pousado no chan non pode levantar o voo non é de todo exacta, polo menos no caso de individuos adultos sans coas alas ben desenroladas. É certo, porén, que un cirrio nunca se pousa voluntariamente no chan.

http://www.montedematama.org/node/71

Páxinas