Estreliña do norte

Regulus

Rellezuelo A estreliña do norte é o paxaro máis pequeno dos nativos de Europa. Miden uns 9 Cm e pesan só entre 4 e 9 gramos. En xeral evitan voar por zonas abertas. O voo e ondeante e tentan sempre pousarse en sitios onde as polas estean ben xuntas.
O reclamo desta especie é tan agudo que é difícil ou imposible de escoitar para moitos seres humanos. A análise da voz faise coa axuda de gravacións.
É un paxaro adaptado á vida nos bosques de coníferas, tanto polo que fai á súa alimentación coma á construción dos niños. Para a época de cría prefire as zonas de máis abundancia de piceas, escollendo mesmo monocultivos se as árbores son altas de abondo. Os que crían en zonas de montaña poden face-los niños tamén noutras especies de coníferas. Fora da época reprodutora pode verse ocasionalmente en zonas onde as coníferas non son maioritarias.
Son exclusivamente insectívoros e precisan comer cada día unha cantidade de alimento equivalente ó seu propio peso corporal. Esta cantidade pode chegar a dobrarse no caso dos polos, das femias cando están a poñer ovos e cando mudan a plumaxe. A variedade das presas é enorme. Prefiren, a diferencia da especie Regulus ignicapillus, as máis pequenas e brandas posibles. A parte meirande da súa alimentación constitúena os colémbolos, que pode atopar tamén no inverno. A estes seguen arañas, larvas pequenas, pulgóns, mosquitos e tamén ovos de insectos e arañas.

http://www.montedematama.org/node/70
Otras imaxes: