Paporrubio ou pisco

Erithacus

O paporrubio é un paxaro de aspecto arredondado e case tan grande coma un pardal: de entre 12,5 e 14 Cm de lonxitude, e entre 10 e 21 gramos de peso.
Viven en bosques e zonas arboradas ou arbustivas, sebes e, sobre todo no inverno, parques, dende ó nivel do mar ata o límite superior dos bosques, sempre preto da auga.
O paporrubio pertence a un grupo de paxaros maioritariamente insectívoros. Comen vermes, insectos, sementes e froitos, que apañan no chan. Para caza-los insectos póusanse nunha pola situada a unha altura de ata seis metros. Cando descobren un insecto captúrano e volven pousarse na póla coa presa. Buscan tamén alimento directamente no chan, choutando e virando as follas caídas. Adoitan amosarse confiados perante a presenza humana e nalgúns casos mesmo pode verse como buscan alimento nun xardín que está a ser labrado nese momento.
No inverno a alimentación ten unha compoñente predominante mente vexetal pero na época reprodutora é zoófaga. Algunhas observacións testemuñarían que en ocasións poden atrapar peixiños.

http://www.montedematama.org/node/67
Otras imaxes: 
Nome cientifico - Especifico: 
Rubecula

Páxinas