Curuxa común

Tyto

A curuxa común é unha ave de rapina nocturna . O corpo mide entre 33 e 35 Cm de lonxitude e a envergadura das ás chega ós 85 Cm. Son aves típicas do agro cultivado preto de pequenos asentamentos humanos. Nestas areas escollen para face-los niños torres e espadanas de igrexas, palleiras e cabazos, menos comunmente árbores. Son moi fieis ó seu territorio e permanecen nel mesmo en invernos moi fríos o que provoca, xunto coa falta de alimentos que se produce nesas situacións, a morte de moitos exemplares e fortes baixas das poboacións en anos de frío extremo.
Cazan, ó lusco fusco e pola noite, sobre todo mamíferos pequenos. En épocas de escaseza de presas ou cando están criando os polos poden cazar polo día. En 47 dos 52 estudos feitos en diferentes localizacións xeográficas amosábase que os roedores constituían polo menos o 50% das súas presas. . Localizan as presas polo oído e pola vista. A forma da cara mellora a capacidade de recoller sons do oído e elimina outros ruídos molestos para a localización da presa.
O consumo de roedores en relación co seu peso é, se cadra, meirande có de calquera outro carnívoro.

http://www.montedematama.org/node/64
Nome cientifico - Especifico: 
Alba

Páxinas