Andoriña

Hirundo

A andoriña é unha pequena ave insectívora migratoria As andoriñas europeas pasan a primavera viaxando cara o norte, chegando mesmo ata o Círculo Polar Ártico, mentres pasan o inverno en África.
Miden arredor de 19 Cm e o seu corpo, fusiforme, está adaptado para os vóos rápidos e longos. A andoriña voa baixo en espazos abertos ou semiabertos e atrapa os insectos lanzándose enriba deles desde o aire. As andoriñas teñen un gran sentido da orientación, sendo capaces de atoparen o seu niño do ano anterior.
Antigamente a andoriña consagrábase aos deuses; era o heraldo da primavera, polo que estaba prohibido matalas. En Galicia é popular a lenda que conta que as andoriñas arrincaron as espiñas da coroa que levaba Xesús Cristo, e que do sangue deste vén a mancha vermella que amosan no seu pescozo . Desta crenza procede a consideración das andoriñas como protectoras das casas nas que aniña. Por esta razón son aves que ninguén molesta nin se lle vai ós niños. Mesmo se cre que matar unha andoriña ou destruí-lo seu niño é un pecado e que quen o faga sufrirá axiña unha desgracia na súa casa Considéranse agoiros do tempo que vai facer: cando as andoriñas voan baixo é que vai cambia-lo tempo. A Virxe de Padrón leva unha andoriña na coroa e por iso corre un cantar no que se di que O Señor bendiga â ave que leva nosa Señora (Rodríguez López).

http://www.montedematama.org/node/63
Otras imaxes: 
Nome cientifico - Especifico: 
Rústica