Carriza ou carrizo

Troglodytes

A carriza ou carrizo é un paxaro de aspecto arredondado e moi pequeno (o terceiro máis pequeno dos que viven en Europa). Esta especie é o único representante en Eurasia da familia dos trogloditas (Troglodytidae). Son aves insectívoras que cantan mesmo no inverno e fan niños moi traballados.
Como tódolos representantes do xénero Troglodytes, é un paxaro de feitura arredondada, que adoita leva-la cola erguida. As carrizas teñen un bico afiado e lixeiramente curvo, castaño escuro na parte superior e amarelo na inferior. Na xunta do bico teñen plumas a xeito de peliños. Os ollos teñen o iris de cor acastañada. A plumaxe é castaña avermellada na parte superior do corpo e máis da cor do ante por embaixo. Teñen unha lista superciliar de cor crema, pouco definida, que acaba na zona dos oídos, que é escura. Sobre da cola, as alas e os flancos teñen debuxos de liñas ondeantes de cor castaña escura. A cor dos pes varía entre a da carne e o acastañado. Non amosan dimorfismo sexual, por ben que as ás dos machos adoitan ser algo máis longas cás das femias.

http://www.montedematama.org/node/61
Otras imaxes: 
Nome cientifico - Especifico: 
Troglodytes

Páxinas