Abeleira

Corylus

Arbusto que acada normalmente entre 3 a 8 m de alto, aínda que en ocasións pode chegar aos 15 m cunha copa moi estendida e de forma irregular e xeralmente ramificado dende a base. De codia marrón pálido ou gris e profundamente estriada. A madeira é dura, flexible e moi resistente. As follas redondeadas, entre 6 a 12 cm de longo e ancho suavemente pubescentes por ambas as dúas caras e con bordos dobremente aserrados. As flores nacen antes que as follas, a principios da primavera, son monoicas e con amentos de sexo diferenciado; os masculinos de cor amarela pálida e entre 5 a 12 cm de longo, os femininos moi pequenos e practicamente ocultos nas xemas das que xorden os estilos vermello brillante, en número de 1 a 3. O froito é a abelá, que se produce en grupos de 1 a 5, cada unha contida nun pequeno e hojoso invólucro que encerra arredor das 3/4 partes da noz. A maduración tarda de 7 a 8 meses e entoes o invólucro ábrese liberando a abelá. Es unha planta de climas mornos, aínda que ten un grande área de distribución. Prefire localizacións aireadas cunha temperatura elevada unida a certo grao de humidade, xa que favorece a frutificación e o desenvolvemento das abelás. Sin. ser moi esixente, a abeleira require un terreo profundo, fresco, brando,  A abeleira é moi sensible á seca.

http://www.montedematama.org/node/60
Otras imaxes: 
Nome cientifico - Especifico: 
Avellana

Páxinas