Cerquiño

Quercus

A súa área de distribución natural é moi reducida. Comprende a Francia occidental, a península Ibérica e o noroeste de Marrocos. Dentro de España está moi estendido, presentándose en case todas as provincias. É unha árbore robusta, caducifolia, con talla moderada,
de 4-25 m e copa ancha e irregular e que atopase normalmente dende 400 a 1600 m. Ten unha cortiza de cor parda e unhas follas pinnatífidas, pubescentes. Son simples, alternas, marcescentes, cincento-rosadas; moi tomentosas de xoves e despois verde escuras. As follas secas permanecen na árbore gran parte do inverno sendo resistentes ao caer ao chan. Pode vivir entre 500 e 600 anos e ten un destacable papel protector nas montañas silíceas.
É unha árbore escasa e está en perigo de desaparición xa que foi sometida a talas abusivas e ten unha gran competencia coas especies foráneas.
Soporta ben as xeadas e é menos esixente en canto a humidade que outras árbores da Península.
Encóntrase case sempre en zonas umbrías e é unha especie de media luz. Prefire chans silíceos puros ou en mestura coa arxila.

http://www.montedematama.org/node/59
Otras imaxes: 
Nome cientifico - Especifico: 
Pyrenaica

Páxinas