Faia

Fagus

A Faia común (Fagus sylvatica) é unha árbore caducifolia da familia das fagáceas de porte robusto e gran talle, que alcanza os 35 ou 40 m, cun madeiro recto que o fai moi valioso, e unha copa ovalada no seu terzo superior. Se a árbore crece illada (non en espesura) cambia radicalmente, ábrese moi pronto, sendo algo irregular, ramificándose dende abaixo e variando moito a copa.
A Faia necesita chans frescos e fértiles, con preferencia dos que teñen bastante cal; non obstante logra vivir en chans silíceos. Como ten unha elevada taxa de transpiración, necesita abundantes precipitacións. É unha especie de sombra e por iso prefire situarse nas abas umbrosas das montañas.

http://www.montedematama.org/node/55
Otras imaxes: 
Nome cientifico - Especifico: 
Sylvatica

Páxinas