Buxo

Buxus

O buxo é un arbusto ou pequena árbore sempre verde, orixinaria de Europa, onde medra en forma silvestre dende as Illas Británicas ata a costa do Mar Mediterráneo e do Mar Caspio. Utilízase como ornamental en xardinaría, e a súa madeira dura e pesada emprégase en ebanistaría para talles delicados.
O buxo común é de hábito arbustivo ou arbóreo alcanza excepcionalmente os 12 m de altura, cun talo moi ramificado cuberto dunha codia lisa nos exemplares novos, surcada de fendas nos adultos, de cor pardogrisácea. A follas son lanceoladas a ovadas ou elípticas, postas, coriáceas, de cor verde escuro polo feixe e máis clara no envés, de ata 30 mm, co bordo algo curvado cara a abaixo. Crece de forma silvestre en zonas de matas, outeiros e outros terreos secos e rochosos en Europa e a Asia menor.

http://www.montedematama.org/node/53
Otras imaxes: 
Nome cientifico - Especifico: 
Sempervirens