Teixo

Taxus

Árbore de folla perenne de ata 15 metros de altura co toro recto, a casca avermellada e escamenta e polas abundantes e horizontais que saen desde a base. As flores son unisexuais e nacen en pés diferentes. As masculinas forman inflorescencias pequenas de cor marela pálida e brotan sobre as axilas das follas. As femininas nacen illadas no extremo dos brotes, están reducidas a un óvulo envolto por brácteas.
É unha árbore moi lonxeva e gusta de lugares sombrizos.
Todas as partes do teixo son velenosas agás o arilo que recobre a semente. Contén un alcaloide, a taxina, que produce a morte en pouco tempo.
Conta a lenda que os galaicos do Monte Medulio suicidáronse tomando unha beberaxe feita con froitos de teixo para non ter que renderse ante os romanos.

http://www.montedematama.org/node/52
Otras imaxes: 
Nome cientifico - Especifico: 
Baccata