O Gaio

Garrulus


Pega marza ou Pega rebordá // (Garrulus glandarius) C.Arrendajo 

O gaio, é un córvido espallado amplamente pola rexión paleártica. Son aves máis axiña solitarias, agás na época reprodutora.Os gaios miden entre 32 e 35 cm de lonxitude e teñen unha envergadura de alas duns 53 cm. O seu peso é aproximadamente de 170 g.

Durante o outono os gaios almacenan castañas, noces e landras en furados debaixo da casca das árbores, nos troncos ou no chan, o que favorece que poidan dispoñer de landras para comer durante todo o ano. Debaixo do bico teñen un peto no que poden gardar as sementes que recollen. A bolsa ten capacidade para gardar tres ou catro landras, o que lles facilita o transporte dos alimentos ata as despensas. Para atopar os seus silos, memorizan puntos de referencia e mesmo colocan pedriñas a xeito de balizas. Se os puntos de referencia desaparecen ou se desprazan, son incapaces de atopar máis tarde os alimentos.

Estímase que un gaio pode carrexar por este sistema ata unhas mil landras ó ano, colaborando con isto á dispersión de determinadas especies de árbores, polo que se fala a veces de "sementeiras de gaio" para referirse os soutos que teñen a súa orixe probable en sementes enterradas polos gaios.

http://www.montedematama.org/node/10
Otras imaxes: 
Nome cientifico - Especifico: 
Glandarius

Páxinas