Petroglifo das Millaradas

Trátase dunha rocha situada nunha suave pendente cun claro dominio visual cara os vales do entorno e o mar. Nela obsérvanse gran variedade de figuras obtidas como consecuencia de incidir de xeito repetido cun percutor sobre a superficie da rocha. Millaradas forma parte dun conxunto mais amplo no que se integraría  outro grupo de gravados (Grupo 2) próximos a esta rocha, e no que o motivo máis salientable é a representación dun cervo.En toda a área galega, o repertorio de motivos representados é moi amplo: coviñas, combinacións circulares, labirintos, espirais, antropomorfos, zoomorfos, armas… ás veces illados ou asociados entre sí formando complexas escenas.Cronolóxicamente, xeraríanse ao longo do III e II minenios a.C.Fai 4000 anos o territorio era moi difente a como o coñecemos hoxe, os antigos habitantes levantaban os seus poboados a media ladeira ou en zonas altas das serras e os petróglifos de seguro eran unha parte importante desta paisaxe social. Aínda que nunca se chegará coñecer con precisión o seu verdadeiro significado, é evidente que os habitantes destas sociedades atoparon na arte rupestre un medio para transmitir información acerca do seu mundo social e natural se ben non era a súa prioridade á hora de gravar, pois a arte rupestre estaría nos albores da relixión tal como a coñecemos hoxe, asociado ao mundo  de creencias das comunidades humanas.