Lagoa do Maruxento
Published by admin on Lun, 04/11/2022 - 20:51
O cardeal é un pequeno paxaro da familia dos frinxílidos, duns 10 centímetros de longo, cun gran dimorfismo sexual: o macho ten a cabeza negra, o lombo gris e un rechamante peito dun vermello intenso. Porén, a femia ten o peito algo claro, cun lombo e unha cabeza grises. É un paxaro común en Europa e nas zonas tépedas de Asia. É fundamentalmente unha ave estábel, pero os exemplares que viven nas rexións máis setentrionais realizan migracións cara ao sur no verán. Vive tamén en parques e xardíns,e prefire os bosques de coníferas. Fai o niño en árbores e arbustos, con postas de entre catro e sete ovos. Aliméntase sobre todo de sementes e de abrochos de froiteiras.
Lagoa do MaruxentoPublished by admin on Lun, 04/11/2022 - 20:51
|
Outeiro de DeusPublished by admin on Dom, 03/12/2017 - 19:06
|
Acceso