Introdución: repertorio de árbores e arbustos galegos

Repertorio Arbores e arbustos Galegos
Introdución:

Cando falamos do noso patrimonio todo o mundo lembrase das igrexas, das catedrais, do códice calistino. Son poucos a os que lles veñen a cachola as nosas arbores, os nosos arbustos, as nosas plantas, !isto ten que mudar¡.
Nos ca nosa soberbia levamos centos de anos, dándolle as costas a natureza, primeiro abusamos da súa xenerosidade asta esgotar os seus recursos (talamos os bosques para facer a armada e as travesas do ferrocarril,  queimamos Galicia para facer pastos e terras de labor), pero nos últimos centos de anos xogamos a ser deus e decidimos facernos unha natureza a nosa medida decidimos plantar  especies traídas de outras rexións os piñeiro e incluso de outros continentes, eucaliptos, acacias, carballos americanos, a Paulonia china, e un largo e sen sentido etcétera.
As consecuencias da nosa actitude xa están hai, perdemos os carballos cos que construímos as nosas casas e a armada invencible , perdemos as froitas dos bosques cas que nos alimentamos, perdemos  as plantas cas que curamos as escasas enfermidades que nos aqueixaban, perdemos o aire puro, perdemos a auga fresca e pura das fonte e regatos,  e incluso perdemos a nosa propia identidade (en Freixo xa non queda ningún Freixo). E que gañamos, gañamos  enfermidades,  gañamos  pragas, gañamos  lumes, gañamos desertos, gañamos unha falta absoluta (dos recursos que obtemos dos nosos montes) para competir nuns mercados globais  nos que outros moitos ofrecen o mesmo que nos, o que fai que os prezos sexan moi baixos.
Dende a Comunidade de montes de Matamá facemos unha proposta, recuperar o noso patrimonio natural esquecido poñendo en valor.
O listado das distintas especies autóctonas de arbores e arbustos que umildemente vos presentamos, non fai mais que rabuñar na superficie da tremenda vío diversidade, con que despois de milleiros de anos de evolución a natureza nos agasalla.


Descrición:
Este listado das distintas especies de arbores e arbustos de Galicia foi confeccionado  con datos obtidos principalmente da “Guía de Incafo de arboles y arbustos de la peninsula  hiberica) e con información obtida da paxina www.floravascular ,  que a súa vez fai referencia a publicacións do centro superior de investigacións científicas  “CSIC”. A nosa intención e que este listado sega a medrar, se tedes algunha aportación ou corrección que facer non dubidedes en poñervos en contacto con nos.
No listado faise unha clasificación por provincias nas que na actualidade esta especie está presente de forma natural. Temos que ter en conta que os limites provincias son limites políticos e non naturais.
Engadimos dúas columnas nas que se recolle o prezo en euros e a talla , estas columnas refírense os prezos e tallas de estas plantas en invernadoiros, estes datos son orientativos.
Nas sete ultimas columnas faise un inventario das distintas especies que actualmente temos no noso monte, este inventario esta sen rematar,  na Fonte Santa quedan moitos pes por contar.