As devesas reais en Matamá (séculos XVII – XIX)

Marco lindeiro devesa

Introducción.

Fai algúns meses o veciño de Matamá Marcos Alonso Rodrígues puxo en coñecemento público o achado na zona do Maruxento dun marco cunha R grabada nunha das súas caras, o cal se correspondía coa demarcación dunha Devesa Real, das que proliferaron principalmente no século XVIII por toda a xeografía galega.
Este monumento, aínda a pesar da sua modestia, fai referencia a unha época de absoluto predominio da economía agrícola, onde as relacións sociais estaban plenamente condicionadas polas estruturas rurais de acceso á propiedade, e na que a terra non tiña un valor especulativo, se non de mercado en función da sua productividade.
Este breve estudo pretende repasar o que foron aquelas Devesas Reais ó longo dos séculos XVII ata o finais do XIX cando desaparecen, pero enmarcadas no seu contexto agrario, económico, social e histórico.

Consulte o artigo completo Devesas Reais por Marcos Alonso, a continuación.