Petróglifo das Millaradas

Petroglifo das Millaradas


Presentación

Trátase dunha rocha situada nunha suave pendente cun claro dominio viusal cara os vales do contorno e o mar.
Nella obsérvanse grandes variedades de figuras obtidas como consecuencia de incidir de xeito repetido cun percutor sobre a superfice da rocha.
Millaradas forma parte dun conxunto mais amplo no que se integraría outro grupo de gravados (Grupo 2) próximos a esta rocha, no que o motivo máis salientableé a representación dun cervo.

Achegándonos á prehistoria

En toda a área galega, o repertorio de motivos representados é moi amplo: coviñas, antropomorfos, zoomorfos, armas... as veces illados ou asociados entre sí, formando complexas escenas.

Cronolóxicamente, xeraríanse ao longo do III e II milenio a.C.

Fai 4000 anos o territorio era moi diferente a como o coñecemos hoxe, os antigos habitantes levantaban os seus poboados a media ladeira ou en zonas altas das serras e os petróglifos de seguro eran unha parte importante desta paixaxe social.

A súa interpretación

Aínda que nunca se chegará a coñecer con precisión o seu verdadeiro significado, é evidente que os habitantes destas sociedades atoparon na arte rupestre un medio para trasmitir información acerca do seu mundo social e natural se ben non era a súa prioridade á hora de gravar, poi a arte rupestre estaría nos albores da relixión, tal e como a coñecemos hoxe, asociado ao mundo de crenzas das comunidades humanas.