Ave

Pombo torcaz

A Torcaz e a maior das pombas presentes na Península Ibérica, robusta e cunha cabeza moi pequena con relación ao corpo, presentando unhas inconfundibles manchas brancas a ambos os dous lados do colo (de aí torcaza, que provén do latín torques)

Ten preferencia polos bosques, zonas arboradas, bosques de ribeira, e no seu defecto zonas adehesadas, acudindo a prados e xardíns a alimentarse . Aliméntase preferentemente de materia vexetal. Tamén consume insectos como térmites e larvas e crisálidas de formiga, e outros insectos e arácnidos brandos, etc.

Cirrio común

O Cirrio común O seu nome científico que lle deu Carl von Linné ven do grego απους, apous e significa sen pés. De feito os pes e patas son pouco visibles. A súa semellanza externa coas andoriñas, coas que non esta relacionado, é froito da converxencia evolutiva.
Ningunha outra ave pasa tanto tempo no aire coma o cirro. suponse que poden voar sen pousarse durante anos, e abandonan o voo só para criar. O primeiro voo despois de deixa-lo niño pode durar xa días. Beben e dormen voando. Poden acadar velocidades de 200 km/h, o que os converte nunha das aves máis rápidas.

Estreliña do norte

Rellezuelo A estreliña do norte é o paxaro máis pequeno dos nativos de Europa. Miden uns 9 Cm e pesan só entre 4 e 9 gramos. En xeral evitan voar por zonas abertas. O voo e ondeante e tentan sempre pousarse en sitios onde as polas estean ben xuntas.
O reclamo desta especie é tan agudo que é difícil ou imposible de escoitar para moitos seres humanos. A análise da voz faise coa axuda de gravacións.

Miñato común

O miñato común é unha ave de presa propia do Vello Mundo. Recibe tamén os nomes de miato, bexato, buxato, lamego ou lamote. O miñato típico acada entre 51 e 57 Cm de lonxitude, cunha envergadura de 110 a 130 Cm con as ás despregadas, o que o coloca entre as rapaces de tamaño medio. A súa especie espállase pola maior parte de Europa e tamén se estende por Asia. Polo corrente é unha ave que se estaciona todo o ano, excepto nas partes máis frías do hábitat, e máis no caso dalgunhas subespecies. Os miñatos poden chegar a vivir até 20 anos.

Peto real

O peto real (Dendrocopos major) mide uns 23 Cm. de longo e as súas alas acadan os entre 34 e 39 Cm. de envergadura. Pesan entre 60 e 90 g. Teñen unllas moi afiadas e curvas nos dedos agatuñadores, ó casqueiro das árbores. Coas que se suxeitan ó cortizo das árbores. Dúas unllas están dirixidas cara adiante e dúas cara atrás.. A súa pel e moi grosa para protexe-lo das picaduras dos Insectos. Unha ligazón flexible entre a ampla base do peteiro e o cranio, absorbe as vibracións producidas cando fai furados na madeira co bico.

Paporrubio ou pisco

O paporrubio é un paxaro de aspecto arredondado e case tan grande coma un pardal: de entre 12,5 e 14 Cm de lonxitude, e entre 10 e 21 gramos de peso.
Viven en bosques e zonas arboradas ou arbustivas, sebes e, sobre todo no inverno, parques, dende ó nivel do mar ata o límite superior dos bosques, sempre preto da auga.

Vichelocrego

O vichelocrego é o único membro da familia dos oureois que vive nas zonas tépedas do hemisferio norte. Especie migratoria, vese en verán en Europa mentres que o inverno o bota nos Trópicos. Habita en árbores grandes de folla caduca en bosques, soutos, carballeiras e parques, a miúdo nas ribeiras dos ríos. Fai un niño moi limpiño e estábel durante anos na gallada das pólas, adoito en amieiros, e contén entre tres e seis ovos.

Ferreiriño subeliño ou ferreiriño rabilongo

O ferreiriño subeliño é un paxaro pequeno de distribución eurasiática, característico pola súa cola longa. Son paxaros duns 13 a 15 Cm de lonxitude, dos que de 7 a 9 corresponden á cola, moi longa con relación ó corpo. Pesan de 6 a 10 gramos. Son basicamente negros e castaños na parte superior do corpo e abrancazados na inferior, cos flancos avermellados, pero amosan diferencias de coloración de acordo coas subespecies. Así a forma do norte de Europa (A. c.

Curuxa común

A curuxa común é unha ave de rapina nocturna . O corpo mide entre 33 e 35 Cm de lonxitude e a envergadura das ás chega ós 85 Cm. Son aves típicas do agro cultivado preto de pequenos asentamentos humanos. Nestas areas escollen para face-los niños torres e espadanas de igrexas, palleiras e cabazos, menos comunmente árbores. Son moi fieis ó seu territorio e permanecen nel mesmo en invernos moi fríos o que provoca, xunto coa falta de alimentos que se produce nesas situacións, a morte de moitos exemplares e fortes baixas das poboacións en anos de frío extremo.

Páxinas

Páxinas