O gabeador común

Certhia

O gabeador común é un paxaro da familia dos gabeadores (Certhiidae). É unha ave sedentaria que vive no centro e sur de Europa e no norte de África.

Teñen unha lonxitude duns 12 Cm e pesan uns 11 gramos. Teñen o bico afiado e curvado cara a abaixo. A plumaxe é branca pola parte inferior do corpo, da cor parda da casca das árbores por riba. Teñen unha lista ocular branca. O aspecto de machos e femias é semellante. A cola é relativamente longa e sérvelles de temón cando voan, ademais de axudarlles a manterse no aire.
Agatuñan polos troncos de abaixo a arriba en bruscas espirais, procurando co bico insectos e arañas entre a casca das árbores.
O seu niño está feito de ramalliñas secas, brión, pallas plumas e pelos de mamífero. Constrúenos en fendas das árbores, ou entre cachos separados da casca.

http://www.montedematama.org/node/82
Otras imaxes: 
Nome cientifico - Especifico: 
Brachydactyla