Rabirrubio tizón

Phoenicurus

O Rabirrubio tizón mide uns 13-14,5 Cm de lonxitude e pesa entre 14 e 20 gramos. Na primavera o macho ten a plumaxe gris-negra na cabeza o lombo e a barriga, unha mancha branca nas alas e unha cola rechamante de cor vermella alaranxada. As femias e os exemplares inmaturos son de cor castaña agrisada coa cola castaña mate. Teñen o peteiro apuntado e negro. As patas son tamén negras.
Aparece en toda Europa por debaixo do círculo polar ártico En outono os exemplares do norte de Europa emigran á conca mediterránea. Os individuos da Europa occidental son sedentarios. As aves nórdicas que emigran no inverno cara ó sur, espállanse por África occidental e do norte e polo Oriente medio. Son das primeiras aves en regresar da emigración invernal e xa a finais de febreiro ou primeiros de marzo aparecen na súa área de cría. Eran en orixe habitantes de zonas de montaña ata os 3000 m. de altitude, pero fóronse adaptando a outros hábitats. Dende hai uns dous séculos comezaron a aparecer en aldeas, vilas e grandes cidades.
As femias fan os niños en fendas nas pedras ou lugares semellantes, como fornelas nas paredes das casas. Son construcións relativamente desordenadas, nas que poñen entre catro e seis ovos con coloracións que varían entre o branco e o azul claro. O período de incubación e de entre 12 a 16 días e os polos son alimentados polos pais entre 12 e 19 días máis despois de romperen a casca. Frecuentemente fan dúas postas cada ano, algunhas femias mesmo tres.

http://www.montedematama.org/node/78
Otras imaxes: 
Nome cientifico - Especifico: 
Ochruros