Xirín común

Serinus

O xirín común, chamado xirín ou nabiñeiro é unha especie de ave paseriforme da familia dos frinxílidos , que se distribúe por boa parte de Europa, norte de África e oeste de Asia. Non está ameazada e a súa poboación europea cífrase entre 8,3 e 20 millóns de parellas reprodutoras, o que equivalería a entre 24,9 e 60 millóns de individuos.
É o máis pequeno dos frinxílidos, mide uns 11-12 Cm. É un parente próximo ao canario. O manto e a cabeza son de cores parduzcas mentres que o ventre é dunha forte cor amarela, en especial no macho (a especie presenta dimorfismo sexual).
O xirín reside na meirande parte de Europa, sendo unha especie residente na conca Mediterránea, mentres que no norte habita unicamente en época de cría. Aínda que a súa área de distribución orixínase ou dá comezo no Mediterráneo, o xirín estendeuse dende o norte de África até o sur de Europa, e mesmo pola Europa continental e Asia Menor. Foi nos séculos XIX e XX, cando o xirín comezou a ampliar a súa área de distribución pola Europa Central e Occidental, iniciando tamén a colonización do Oriente Medio. Hoxe día pode atoparse nos países bálticos, e no Oriente, localízase en Bielorrusia e Ucraína, espallando a súa distribución de forma xeral cara á costa do Mar Negro. A súa expansión cara ao sur deu lugar á instalación desta especie nas Illas Baleares, as Illas Canarias, as illas do Exeo, Chipre, así como no norte de Marrocos, Tunes, Alxeria e Exipto.

http://www.montedematama.org/node/77
Otras imaxes: 

Páxinas