Miñato común

Buteo

O miñato común é unha ave de presa propia do Vello Mundo. Recibe tamén os nomes de miato, bexato, buxato, lamego ou lamote. O miñato típico acada entre 51 e 57 Cm de lonxitude, cunha envergadura de 110 a 130 Cm con as ás despregadas, o que o coloca entre as rapaces de tamaño medio. A súa especie espállase pola maior parte de Europa e tamén se estende por Asia. Polo corrente é unha ave que se estaciona todo o ano, excepto nas partes máis frías do hábitat, e máis no caso dalgunhas subespecies. Os miñatos poden chegar a vivir até 20 anos.
Os machos son máis grandes en tamaño e en peso que as femias.
Os miñatos, normalmente, non forman bandos, pero ás veces poden ser vistos xuntos da cando hai movementos migratorios ou nun bo hábitat. O escritor da época vitoriana , William Crossing, estando en Dartmoor, rexistrou que tiña visto, en ocasións, bandos de 15 ou máis miñatos nalgúns sitios.
Esta rapaz de amplas ás, posúe unha boa variedade de plumaxes, de xeito que en Europa pode ser confundido co parecido miñato pernivermello (Buteo lagopus) e co invulgar e distantemente emparentado miñato meleiro (Pernis apivorus),capaz de mimetizar a plumaxe do miñato común para se protexer do azor.

http://www.montedematama.org/node/69
Otras imaxes: