Peto real

Dendrocopos

O peto real (Dendrocopos major) mide uns 23 Cm. de longo e as súas alas acadan os entre 34 e 39 Cm. de envergadura. Pesan entre 60 e 90 g. Teñen unllas moi afiadas e curvas nos dedos agatuñadores, ó casqueiro das árbores. Coas que se suxeitan ó cortizo das árbores. Dúas unllas están dirixidas cara adiante e dúas cara atrás.. A súa pel e moi grosa para protexe-lo das picaduras dos Insectos. Unha ligazón flexible entre a ampla base do peteiro e o cranio, absorbe as vibracións producidas cando fai furados na madeira co bico. Os fortes músculos que controlan a cola, facilítanlle a estabilidade e a posición vertical mentres esta a perforar as árbores. Para evitar que poida respirar o po de madeira producido cando fai os buratos, os orificios nasais están cubertos por plumas finas.

O Peto real é bastante común en Galicia, aniña dende a beiramar ata os 1400m de altura, sendo máis común no interior que nas zonas costeiras. É un dos petos menos especializados, o que lle permite acceder a biótopos máis variados: vive tanto en bosques de folla caduca como perenne, O seu hábitat óptimo son os bosques con árbores vellos e mortos.

Aliméntase basicamente de insectos adultos e larvas que captura na casca das árbores, atrapándoos coa súa lingua longa e pegañenta.. No inverno, perante a escaseza de insectos comen froitos secos, baias e sementes.

http://www.montedematama.org/node/68
Otras imaxes: 
Nome cientifico - Especifico: 
Major

Páxinas