Ferreiriño subeliño ou ferreiriño rabilongo

Aegithalos

O ferreiriño subeliño é un paxaro pequeno de distribución eurasiática, característico pola súa cola longa. Son paxaros duns 13 a 15 Cm de lonxitude, dos que de 7 a 9 corresponden á cola, moi longa con relación ó corpo. Pesan de 6 a 10 gramos. Son basicamente negros e castaños na parte superior do corpo e abrancazados na inferior, cos flancos avermellados, pero amosan diferencias de coloración de acordo coas subespecies. Así a forma do norte de Europa (A. c. caudatus) ten a cabeza e os flancos completamente brancos, a do oeste do continente ten unha franxa superciliar escura e ancha por sobre dos ollos e en Centroeuropa hai poboacións mixtas. Os exemplares novos teñen as meixelas e a caluga castañas anegradas e non amosan a coloración vermella aviñada dos adultos na área dos ombreiros. Viven nunha boa parte de Eurasia, incluíndo as illas británicas, norte e centro de Europa e Siberia. Crían en bosques claros caducifolios ou mixtos, parque e xardíns.

http://www.montedematama.org/node/65
Otras imaxes: 
Nome cientifico - Especifico: 
Caudatus

Páxinas