Aciñeira

Quercus

A aciñeira (Quercus ilex) é unha árbore cupulífera parecida ao carballo.
Atopase no sur de Europa, adoita plantarse como protección,
especialmente xunto ao mar, pola súa resistencia aos ventos e á
contaminación das cidades. En España desenvólvese nos bordes da rexión
mediterránea, e é a especie máis característica da Península Ibérica. En
Galicia localízase nas zonas mediterráneas da provincia de Ourense e no
sur de Lugo chagando a ascender ata os 1000 m. de altitude, aínda que
nese caso busca as zonas rochosas e as fendas, onde o solo é escaso e a
capacidade de retención de auga baixa.

http://www.montedematama.org/node/40
Otras imaxes: 
Nome cientifico - Especifico: 
ilex