Ferreiriño Abelleiro

Parus
O ferreiriño abelleiro é un paxaro da familia dos páridos (Paridae), mide uns 14 cm é ten unha envergadura de á entre 22,5–25,5 cm. Pesa uns 20 gramos. Aliméntase principalmente de insectos, pero come tamén sementes de plantas, baias, botóns de flores e froitos secos. Prefire comer desde a pólas máis baixas das árbores, preto do tronco, pero é frecuente que procure a comida polo chan. 
No inverno concéntranse facilmente en comedeiros artificiais, onde prefiren os cacahuetes crus e as pipas de xirasol. Poden chegar a facerse bastante confiados.

Na Galiza e común e sedentario en todo o territorio. Distribúese ata os 800 m de altitude. Vive en zonas de bosque. En xeral prefire os bosques vellos caducifolios ou mixtos, pero é moi adaptable e afaise a vivir en xardíns, parques e plantación de árbores.

É monógamo, a parella fórmase ó inicio da estación de reprodución e mantense xunta durante toda a época de cría. Alcanzan unha idade media de 1,7 anos. Algúns exemplares chegan a vivir 11 ou 12 anos e o máis vello coñecido tiña polo menos 15.
http://www.montedematama.org/node/13
Otras imaxes: 
Nome cientifico - Especifico: 
Major

Páxinas