* XORNADA DE ERRADICACIÓN DE EUCALIPTO E RESTAURACIÓN DO BOSQUE

PRECISAMOS A TUA AXUDA O próximo sábado día 30 a partires das 9 no Parque Forestal de Maruxento (ver localización), xornada de traballo para a erradicación do eucalipto (escacharemos eucaliptos novos), e colocaremos titores de bambú para axudar a recuperación dos rebrotes das nosas arbores. Se podes traer unha macheta o un martelo para desfacer eucaliptos agradecémoscho. (igual non temos para todos). De calquera xeito contamos con vos.