Andoriña dos penedos

Ptyonoprogne
Andoriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris) C. Avionroquero

A andoriña dos penedos , é unha ave da familia das andoriñas, que aniña en casas, paredes rochosas, pontes, etc. É unha especie de ampla distribución por Europa, África e Asia. Na península ibérica aparece estacionalemnte
no norte e hai poboacións residentes ou migradoras de curta distancia no sur. Mide 15 cm de pico a cola.

En España atópase principalmente de marzo a novembro, aínda que existen individuos que fican no noso país durante todo o ano. Ten o corpo avultado, pescozo ancho e ás anchas terminadas en punta. A plumaxe da gorxa está lixeiramente riscado e é bastante escura. As plumas da cola (rectrices) teñen motas brancas, e esta non é tan aforcada como no resto dos andoriñas. A plumaxe xeral é parda, aínda que a zona inferior é menos escura. Voo moi áxil preto das rochas ou zona de percha.
http://www.montedematama.org/node/11
Otras imaxes: 
Nome cientifico - Especifico: 
Rupestris

Páxinas