Plantación

#PlantemosUnBosque Xornada de plantación 16 febreiro 2019

#PlantemosUnBosque O vindeiro sábado  16 de febreiro 2019 as 9:00 no parque do Maruxento (ver localización).  Ca túa axuda xornada de plantación. Desta vez plantaremos, pereiras, acivros, érbedos, abeleiras, maceiras, amieiros, pradairos, espiños, ameixeiras, freixos sabugueiros.... . Traer unhas luvas e se podedes un legón o terreo e brando. !Ultima xornada de plantación de este ano¡.Os nenos acompañados son benvidos. Se confirmades a asistencia mellor 688914370 WhatsApp.

#PlantemosUnBosque Xornada de plantación 2 febreiro 2019

O vindeiro sábado día 2 de febreiro de2019 a partires das 9:30 no Parque Forestal de Maruxento (ver localización),, xornada de  plantación.Non e imprescindible pero agradecemos a confirmación de asistencia no WhastsApp 688914370

* ¡PLANTEMOS UN BOSQUE! Acción solidaria con SÉMOLA nos montes de Matamá o 28 de abril

CAMBIO DE DATA SERA O 28 ABRIL                      Sémola - Pan y Dulces, en colaboración coa Comunidade de Montes de Matamá e a Mancomunidade de Montes de Vigo, promove unha acción solidaria dentro da Campaña "Somos de Monte" consistente en por en valor o traballo no monte de Vigo.

EVENTO CCMEREFOREST NO MONTE DE MATAMÁ

Á iniciativa CCMEReforest creada para compensar a pegada do carbono nos festivais Coca-cola Music Experience e Coca-cola Music Experience On The Beach, súmaselle este ano unha acción para prantar árbores autóctonos no monte de Matamá. CCMEReforest quere así sumarse á recuperación da natureza tralos devastadores incendios que asolaron Galicia en outubro de 2017. O evento tivo lugar o pasado 4 de marzo de 2018 e contou con Tony Aguilar, DJ e presentador de programas musicais, como padriño. Así como coa colaboración dos grupos musicais Furious monkey House e Atacados.