Novas do Monte

  • #PlantemosUnBosque Xornada de plantación 16 febreiro 2019

    #PlantemosUnBosque O vindeiro sábado  16 de febreiro 2019 as 9:00 no parque do Maruxento (ver localización).  Ca túa axuda xornada de plantación. Desta vez plantaremos, pereiras, acivros, érbedos, abeleiras, maceiras, amieiros, pradairos, espiños, ameixeiras, freixos sabugueiros.... . Traer unhas luvas e se podedes un legón o terreo e brando. !Ultima xornada de plantación de este ano¡.Os nenos acompañados son benvidos. Se confirmades a asistencia mellor 688914370 WhatsApp.

  • #PlantemosUnBosque Xornada de plantación 12 xaneiro 2019

    O vindeiro sábado día 12 de xaneiro de2019 a partires das 9 no Parque Forestal de Maruxento (ver localización),, xornada de  plantación.Teremos un dia soleado, ainda que fresquiño. Se podes trae unhas luvas. Non e imprescindible pero agradecemos a confirmación de asistencia no WhastsApp 688914370

  • Viveiro forestal, o transplante.

    O próximo domingo día 16 de decembro as 12:00, facemos a entrega das bandexas forestais de 8 alvéolos,  acordadas con cada un dos nosos colaboradores, comprometidos co viveiro forestal. A entrega farase na Casiña Do Monte no parque forestal do Maruxento o mesmo lugar onde  as recollestes a ultima vez.

  • SEMENTEIRA DE LANDRAS

    O próximo sábado dia 8 de Decembro as 9 da maña no parque forestal de Vilar (ver localización).   Imos sementar landras de carballo, ímolo facer nunha ou dúas parcelas de difícil acceso. Poremos un titor para marcar o lugar onde facemos a plantación e logo o redor do titor ca axuda de un pau poremos un par de landras a +-3 cm de profundidade. Animádevos vir a axudar , ca vosa axuda xa estamos mais pretos da noso obxectivo #PlantemosUnBosque

  • Arrincando eucaliptos. ¡xa quedan menos !

     Tras o éxito de xornadas anteriores, xa estamos mais preto de liberar os Montes Comunais de Matamá da praga do eucalipto. Gracias a todos, #Heroes Libera ,Para este sábado dia 17 Montes de Matamá, convídavos as 9:00 o parque do Maruxento, faremos unha nova xornada para arrincar eucaliptos, colabora con nos, en breve empezaremos ca plantación de carballos, castiñeiros... que e o que mais nos gusta a todos. Traede unhas luvas se podedes. 

  • Hemos sido seleccionados por APADRINAMIENTOS 2018 del Proyecto LIBERA

    Nuestro proyecto Laguna del Maruxento a sido seleccionado por: APADRINAMIENTOS 2018 del Proyecto LIBERA  Gracias LIBERA por apostar por nuestro proyecto LAGUNA DEL MARUXENTO con vuestro empuje no solo la laguna será una realidad pronto, sino que el conjunto del proyecto PLANTEMOS UN BOSQUE se ve respaldado por la sociedad. (ver nota de prensa),,

  • * XORNADA PARA REGAR E POÑER TITORES AS ARBORES AUTÓCTONAS QUE ESTÁN A MEDRAR NO MONTE

    Cartel del evento

    PRECISAMOS A TÚA AXUDA O próximo sábado día 15 de setembro a partires das 9 no Parque Forestal de Maruxento (ver localización), xornada de traballo para REGAR  as plantacións, e colocaremos titores de bambú para axudar a recuperación dos rebrotes das nosas arbores. Se podes traer un caldeiro, (igual non temos para todos). De calquera xeito contamos con vos.

  • * XORNADA DE ERRADICACIÓN DE EUCALIPTO E RESTAURACIÓN DO BOSQUE

    PRECISAMOS A TUA AXUDA O próximo sábado día 30 a partires das 9 no Parque Forestal de Maruxento (ver localización), xornada de traballo para a erradicación do eucalipto (escacharemos eucaliptos novos), e colocaremos titores de bambú para axudar a recuperación dos rebrotes das nosas arbores. Se podes traer unha macheta o un martelo para desfacer eucaliptos agradecémoscho. (igual non temos para todos). De calquera xeito contamos con vos.

Páxinas